DATE DE ALTA
FIESTAS / FERIAS 
ROMERÍAS  
GASTRONÓMICAS  
INTERÉS TURÍSTICO  
MULTISECTORIAL  
RAPAS Y CURROS  
ARTE Y ANTIGÜEDADES  
ARTESANÍA  
GANADO/AGRICULT.  
INDUSTRIALES  
RECINTOS FERIALES  
CALENDARIO FERIAS  
CONGRESOS-SALONES  
OTRAS FERIAS EN GALICIA  
OTRAS FERIAS NACIONALES  
FESTIVALES  
 
MÁS OPCIONES 
AGENDA DE GALICIA  
EMPRESAS DE GALICIA  
TURISMO EN GALICIA  
 
 RECOMIENDA ESTA PÁGINA   INICIO   BUSCADOR AVANZADO   CONTACTO 
  [VOLVER
Mar apoia o futuro da acuicultura galega participando en ACUI 2010  
Continuar impulsando o liderado de Galicia a nivel mundial e europeo a través dunha acuicultura sostible e respetuosa co medio ambiente é o principal obxectivo da Consellería do Mar que demostra a súa aposta polo futuro do sector coa súa participación en ACUI 2010 que ten lugar no Recinto Ferial Fexdega, de Vilagarcía.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, amosou o seu “firme e decidido” apoio á Feira Internacional de Acuicultura ACUI 2010, que abre as súas portas. Durante o acto de inauguración, Rosa Quintana, cualificou o evento “coma unha aula na que ensinar e aprender, na que recoller experiencias doutras zonas do mundo” e o definiu coma unha feira “que vén a plasmar a potencialidade da acuicultura galega, tanto a mariña como a continental”. Na súa intervención, a titular de Mar incidiu en que o obxectivo da Xunta é continuar impulsando o liderado de Galicia a nivel mundial e europeo a través dunha acuicultura, sostible e respectuosa co medio ambiente. A conselleira fixo fincapé da importancia de “xuntar, baixo o mesmo teito, ás institucións e ao sector, aos encargados de dar impulso económico, aos que potencian a innovación e aos que achegan o saber facer previo”, xa que, segundo dixo, “hai que unirse nunha aposta polo futuro”. Neste sentido, Quintana destacou “a recuperación do diálogo en plano de igualdade co sector” como o principal paso do seu departamento a prol da acuicultura nestes 10 meses. A conselleira recalcou que o seu equipo quere “estar a carón do sector, escoitalo e informalo, e sobre todo, fuxir da imposición xa que temos unha aposta común, que se basea na necesidade e no desexo de que Galicia volva a ser referente en acuicultura”. “Debemos facer valer a nosa potencialidade, facer uso e sacar proveito da nosa valía e experiencia, e non temer e quedar parados na dura pugna ante a competencia mundial”, aseverou. Ao respecto, lembrou as iniciativas que o seu departamento está a tomar “a prol de Galicia e do seu dinamismo acuícola no futuro”, como a reformulación do Plan de Acuicultura, os investimentos e fondos recollidos nos orzamentos da Xunta e o recentemente anunciado Plan de Ordenación dos Cultivos Mariños.

Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia
2010-03-02

 
OTRAS NOTAS
Termatalia 2010 incrementa su expansión por América Latina
O grupo británico Placebo, no San Froilán da man do Xacobeo 2010
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
Presentada en Vigo a LVIII Festa do Viño Albariño de Cambados (Pontevedra)
Xacobeo 2010 achega 100.000 euros para os fogos das Festas do Apóstolo
A Festa da Terceira Idade de Palas de Rei, por primeira vez en Vilar de Donas
O Festival de Cultura Quente reúne o 16 e 17 de xullo en Caldas de Reis a 15 artistas
O Xacobeo celebra en Ponteareas o concerto de Amaia Montero coincidindo co domingo do Corpus
Navalia presenta as liñas de apoio do Plan Re-forza 2010
 

 

ROMERÍAS | GASTRONÓMICAS | INTERÉS TURÍSTICO | ARTE Y ANTIGÜEDADES | ARTESANÍA
GANADO/AGRICULT. | INDUSTRIALES | CALENDARIO FERIAS | AGENDA DE GALICIA | RECINTOS FERIALES
EMPRESAS DE GALICIA | OTRAS FERIAS NACIONALES | TURISMO EN GALICIA | CONGRESOS-SALONES | OTRAS FERIAS EN GALICIA
RAPAS Y CURROS | MULTISECTORIAL | FESTIVALES | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados